Co fin de dar a coñecer o noso territorio, a nosa cultura e tradicións, o Concello de Carnota organiza un programa de visitas guiadas durante os meses de xullo e agosto polos lugares máis emblemáticos e con máis interese turístico do municipio.

 
O 10 de xullo terá lugar a primeira das rutas pola parroquia de Lira onde se visitarán restos de antigas fábricas de salgadura, o museo “Caseta de Pepe do Cuco”, o lugar do afundimento do buque da Armada Española Ariete e o hórreo de Lira. A ruta volverase a repetir o 21 de agosto.
Outra das rutas propostas e unha das máis demandas é a subida á Moa (Monte Pindo). A saída realizarase dende a aldea do Fieiro. As citas terán lugar o 17 de xullo e o 7 de agosto.
 
A visita nocturna ao petrógifo das Laxiñas celebrarase os días 24 de xullo e 14 de agosto. Nela realizarase unha interpretación da paisaxe dende o miradoiro de Lira e visitarase o petróglifo das Laxiñas. Para favorecer a visibilidade dos gravados proxectarase luz rasante artificil. Os participantes deberán traer consigo unha lanterna mínimo por parella ou familia.
 
Os días 31 de xullo e o 28 de agosto está previsto un paseo audioguiado polo pobo do Pindo con saída dende a Confraría do Pindo onde se recollerán os auriculares.
 
Todas as rutas teñen un custe de 3€ que se aboarán na seguinte conta do Concello de Carnota: ES84 2080 0334 8731 1000 0035 agás as rutas audioguiadas polo Pindo nas que o pago se realizará na propia Confraría do Pindo en efectivo. No concepto do pago deberán indicar: visita guiada + data da visita + nome/s da persoa ou persoas participantes no caso de que se realice un único pago para máis de unha persona.
 
Reserva a túa praza cubrindo o seguinte formulario.
 
Máis información:
 
na oficina de turismo
no teléfono 610228083
As inscricións e o pago deberán realizarse antes do día anterior a celebración da ruta ás 11:00 h.